DONA CARMEN


         Dona Carmen era unha muller da aldea que ía camiñando a calquera lugar ao que tivera necesidade de ir, e todos dicían que estaba tola por facer iso, e se cadra non pensaban en que a muller non se podía permitir pagar un transporte.
       
        A anciá podía facer ata máis de corenta quilómetros nun día a pesar da súa idade e mostraba moi boa saúde. Ninguén se explicaba como unha muller coma ela podía camiñar tanto. Dona Carmen, á parte de camiñar moito, unha cousa que tamén facía moito era falar, falar sen parar e sobre calquera tema e ás veces a xente preguntáballe cousas para ver se sabía a resposta pero ela sempre tiña unha contestación para a pregunta que lle fixeran, e se cadra tiña máis intelixencia que as persoas que a criticaban.


Comentarios