ASÍ SON EU, COMO ME VEN?


     Marta é unha rapaza amigable e está todo o día sorrindo, aínda que é moi tímida. Gústalle moito ir de compras, quedar cos amigos e xogar cos animais. Tamén lle gusta o verán, as tardes de piscina, cando quedamos a tomar algo e logo sacamos fotos. Non lle gusta que a xente que discuta e sempre intenta escanearse das discusións. Odia as matemáticas, as arañas, as avespas e moitos tipos de insectos. 

(Ana, amiga)

     Marta é unha moza alegre e cariñosa. Sempre intenta axudar no que pode e coidar dos seus, a pesar de que é algo vaga. O  que menos lle gusta é que manden nela e non lle dean a razón cando a ten, e sobre todo o que máis odia é chegar tarde aos sitios. Algúns mércores imos xuntas ao cine e sempre quere aproveitar para ir de compras xa que é unha das cousas que máis lle gusta facer, despois de quedar cos amigos e ir de festa. 

(Paula, irmá)

Comentarios